RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Cadete A con números de campión leva en Vigo o primeiro derbi da División de Honra

O Cadete A adxudicouse en Vigo (0-1) o primeiro derbi do ano na División de Honra, entre os dous aspirantes ao título.

Decidiu un emocionante encontro o tanto de Martín Ochoa aos 29 minutos de partido.

Os branquiazuis, agora líderes en solitario con 21 puntos de 21 posibles, por 18 o RC Celta, locen números de campión a estas alturas da categoría: pleno de vitorias, 25 goles a favor e 0 en contra.

Cadete A: Lemos, Quique Teijo, Álex González, Nico, Seydiba, Embid, Roque, Diego, Mella, Martín Ochoa e Canales. Tamén xogaron: Hugo Baldomar, Rubén, Iván e Marcelo.

A próxima semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao AJ Lérez.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)