RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Celta máis efectivo en ataque leva os tres puntos ante o Xuvenil A

O derbi da División de Honra xuvenil foi para o Celta, que levou os tres puntos grazas sobre todo á súa efectividade en ataque (0-3). Os branquiazuis, que dispuxeron de ata oito oportunidades de marcar, foron incapaces de perforar a meta celeste.

Con este resultado no primeiro partido da segunda volta da competición, o Xuvenil A mantense no grupo de cabeza con 29 puntos, aínda que provisionalmente afástase do liderado, en mans do Celta con 38 puntos.

Xuvenil A: Chema, Víctor, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy, Adrián, Sebas, Pedro, Ortuño e Boedo. Tamén xogaron: Sito, Mosquera, Porrúa e Aarón.

O próximo fin de semana, o Xuvenil A visita ao Pabellón.

Os resultados ata a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Celta A 3 - Xuvenil A 2 (Adri e Iago Novo)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Pabellón 0
Bansander 2 - Xuvenil A 1 (Sandá)
Xuvenil A 3 (Sito -2- e Adrián) - Racing de Santander 0
Lugo 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - Santiago de Compostela 2
Xuvenil A 2 (Ortuño e Aarón) - Tropezón 1
Oviedo 4 - Xuvenil A 4 (Pedro -2-, Ortuño e Boedo)
Xuvenil A 2 (Pedro e Boedo) - Sporting de Gijón 1
Roces 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Xuvenil A 2 (Adrián e Pedro) - Alondras 2
Avilés 1 - Xuvenil A 3 (Boedo, Gandoy e Adrián)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Areosa 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 3 (Pedro e Boedo -2-)
Xuvenil A 7 (Mujaid, Adrián -2-, Pedro, Boedo e Mosquera -2-) - Mariña Sport 0
Xuvenil A 0 - Celta 3