RCD / NOVAS

Un centenar de afeccionados branquiazuis animarán ao Dépor en Almendralejo

15/11/2019 11:50

Ao redor de 100 afeccionados deportivistas estarán mañá no Estadio Francisco de la Hera acompañando e animando ao equipo. Todos eles ocuparán a bancada visitante a título individual ou representando a algunha das 14 peñas que terán membros na localidade estremeña, que ademais se desprazan nun bus custeado polo Club.

As penas representadas son:Chamberí, Lukas y sus amigos, Vila 46, Rías Baixas, Camándulas RCD, Noroeste Turco, La Cabaña del Cazador, Caña Derbas, Rouba Risons, Miróbriga, MG Betanzos, La Cuesta, O Padriño e Al Sur de Riazor.