RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un circuíto físico, exercicios tácticos e fútbol, ingredientes dunha esixente mañá en Abegondo

O Dépor dá un paso máis na súa preparación final de cara ao arranque ligueiro na única sesión de traballo prevista para hoxe martes en Abegondo.

Fernando Vázquez dispuxo para empezar dun esixente circuíto de forza con finalizacións no campo 3 da Cidade Deportiva, supervisado polo preparador físico Manuel Pombo.

A continuación, o técnico ordenou unha serie de exercicios tácticos tamén con remates no campo 2.

A mañá concluíu cun partido ao ancho do campo 2, con só Mujaid á marxe do grupo.

Mañá mércores está previsto dobre quenda en Abegondo: 10:00 e 18:00 horas.