RCD / NOVAS

Un cuarto de milleiro de deportivistas apoiarán ao equipo en Salamanca

11/01/2020 17:30

- Foto: @UnionistasCF -

Ao peche do prazo de venda de entradas para a afección deportivista para o partido de Copa do Rei entre Unionistas CF e Dépor que se disputa mañá ás 12:00 horas nas Pistas do Helmántico, os afeccionados branquiazuis que se desprazarán até a capital charra alcanzan o cuarto de milleiro.

Practicamente 250 deportivistas, moitos deles pertencentes a 18 peñas, darán todo o seu apoio ao conxunto herculino no feudo do equipo salmantino. As peñas representadas por polo menos un membro son: Chamberí, Bebel Guitiriz, A Torcida da Cabaña, La Unión, Deivy, Faluya, La Cuesta, Buddha, Miau Miau, Meseta Blanquiazul, Mirobriga, Cheka, Centenariazo, Caramuxo, Manuel Pablo, Noroeste Turco, Camándulas RCD e Verín Pablo Amo.