RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA B con nove baixas vén sen carga de Santander

Un Deportivo ABANCA B con moitas ausencias non puido rabuñar nada positivo na súa visita ao CDE Racing Féminas (5-2), en partido correspondente á 2ª xornada na Fase polo Título de Primeira Nacional, grupo 1C.

Kevin Cabado non puido contar neste choque en Cantabria con seis futbolistas citadas polo Deportivo ABANCA para o partido ante o FC Barcelona: Patri López, Carlota, Eva Dios, Tati, Sara Álvarez e Jessica. A maiores, María Figueroa, Marta Rico e Aroa Guerra tamén se perderon o encontro por lesión.

Con este panorama, xogaron coas branquiazuis até seis futbolistas do Orzán e un total de cinco de categoría cadete. Eva Santamaría e Navia foron as autoras dos goles deportivistas.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B queda na cuarta praza do grupo con 33 puntos. A cabeza da táboa está a oito puntos, agora en mans do Victoria CF con 41 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Aroa González, Paula Novo, Laura Rivas, Antía Brage, Nuria Torres, Lara, María Calvo, Eva Santamaría, Navia e Andrea Ansede. Tamén xogaron: Uxía, Laura Testa, Lucía, Laura Deus e Ainhoa.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Gijón FF.

Os resultados do Deportivo ABANCA B nesta segunda fase son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 5 (Patri López -3-, Carlota e Eva Santamaría) - Oviedo Moderno CF B
CDE Racing Féminas 5 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Santamaría e Navia)