RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA B sólido mantén ante o UD Mos a súa renda á fronte da táboa

O Deportivo ABANCA B sólido nas dúas áreas tomba (4-1) ao UD Mos e mantén a súa vantaxe á fronte da Primeira Nacional.

Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo foron as goleadoras branquiazuis neste choque correspondente á 9ª xornada.

Con este resultado, o equipo que prepara Kevin Cabado lidera a clasificación con 25 puntos, con 3 de vantaxe sobre o Sporting de Gijón, o seu inmediato perseguidor con 22 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, Paula Novo, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Laura Otero, Tati, Lucía Rivas e Noela. Tamén xogaron: Abril Pazos, Uxía Cabada, Elena Vázquez, Laura Testa e Celia.

Non foi a única cita desta semana para o Dépor ABANCA B, posto que o pasado mércores derrotou (5-2) á Selección Galega sub-17 nun amigable disputado en Abegondo. O técnico branquiazul non puido contar neste encontro con Ansede, lesionada; nin con Lucía Rivas, Abril Pazos e Elena Vázquez, que xogaron co combinado galaico; do mesmo xeito que Laura Santos, Macarena González, Sara Cercido, Uxía López e Ana Capelo, todas elas do Orzán SD Cadete Feminino. Laura Otero -3-, Iria Otero e Uxía Cabada foron as autoras dos goles branquiazuis mentres que os de Galicia foron obra de dous futbolistas cadetes do Orzán SD: Lucía Rivas e Ana Capelo.

A próxima fin de semana, as branquiazuis visitan ao Lóstrego CF.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1