RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un Dépor ABANCA en crecemento vaise sen carga de Lezama (2-1)

O Dépor ABANCA retomou o fútbol de competición nun dos templos deste deporte, as instalacións de Lezama abertas ao público con aforamento reducido. Con tan só dúas novas caras respecto da temporada pasada no once inicial, o equipo empezou frío, como a tarde en terras biscaíñas. O dominio das locais foi total no arranque. A pesar diso, Peke rematou alto de cabeza no minuto 6 após bo centro de Alba Merino e a punto estivo de estrearse.

O Athletic, que xa pisara área, efectuou o seu primeiro disparo entre paus no minuto 8 por mediación de María Díaz desde a frontal atallado con seguridade por Sullastres. María Díaz, de novo no 13, rematou lixeiramente desviado de cabeza. O ariete vasca non perdoou á terceira, após un bo roubo de Arana que se internou na área para deixar o balón franco para o remate da súa compañeira, que puxo o 1-0 no marcador.

Na xogada da continuación puido marcar Peke pero o seu remate saíulle frouxo ás mans de De la Nava. Tampouco acertou a rematar Lady Andrade á saída dun córner nuns minutos nos que o Dépor ABANCA ía atopando o seu sitio no campo. No seguinte saque de esquina si logrou rematar, pero non viu portería por escasos centímetros.

No outro extremo do campo foron salvadoras Bedoya e Sullastres nunha xogada similar á do gol pero polo costado dereito. A perna da central e a man da gardameta abortaron as dúas opcións locais de abrir brecha no marcador.

Xusto antes do descanso unha gran combinación do Dépor provocou unha gran ocasión persoal de Lady Andrade que acabou rematando ao traveseiro. Á saída do córner posterior Peke obrigou a De la Nava a sacar unha gran man para evitar o empate.

A segunda parte empezou coa mesma tónica que acabou o primeira pero esta vez si que se conseguiu materializar a superioridade e as ocasións. Lady Andrade roubou un balón para conducir até a frontal da área e, desde aí, pór o 1-1 no marcador cun gran disparo.

Todo o segundo tempo foi exactamente o contrario que a primeira até o gol branquivermello. Dominio abafador, polo menos na posesión, do Dépor ABANCA, con escasas ocasións en ambas as porterías, e o Athletic esperando saír e sorprender nunha contra. Non foi un contraataque senón unha xogada a balón parado, un saque de esquina, o que serviu para pór o partido ao revés de cabíao esperar minutos antes.

Un remate de Monente serviu para pór costa arriba o dez últimos minutos de partido para o Dépor ABANCA. Tentárono as de Manu Sánchez e o propio adestrador movendo o banco nos últimos instantes pero non foi posible atopar portería para que o marcador final en Lezama reflectise, polo menos en parte, o que foran os 93 minutos de partido.

Athletic Club: De la Nava, Moraza, Naroa, Valdezate, María Díaz (Monente, min. 63), Jone Ibañez (Nerea Nevado, min. 67), Unzúe, Oihane (Sierra, min. 67), Eunate Gimbert e Arana (Nekane, min. 58).

Dépor ABANCA: Sullastres, Villegas, Blanco, Bedoya, Cris, Iris (Lía, min. 89), Alba, Athenea, Lady Andrade (Ainoa, min. 64), Gaby (Michelle, min. 85) e Peke (Kika, min. 85).

Goles: 1-0 María Díaz (min. 19); 1-1 Lady Andrde (min. 51); 2-1 Monente (min. 81).

Árbitra: Acevedo Dudley (c. Catalán) Amoestou a Branco (min. 61).

Incidencias: partido da 1ª xornada de Primeira Iberdrola disputado en Lezama ante uns 300 espectadores.