RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Deportivo ABANCA repleto de confianza prepara desde o martes a súa visita ao UD Llanera

Despois do seu convincente triunfo onte en Ponte dos Brozos (Arteixo) ante o CD Monte, un Deportivo ABANCA repleto de confianza inicia mañá martes 13 de marzo o seu próximo partido ligueiro, a visita ao UD Llanera prevista para o sábado 17 de marzo ás 17:45 no campo municipal Pepe Quimarán (Llanera, Asturias). O partido corresponde á 22ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional. O equipo branquiazul é líder do grupo con 61 puntos, con 1 de vantaxe sobre o Oviedo Moderno, que ten 60 puntos.

Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo o seguinte plan de adestramentos para esta semana:

Martes 13 de marzo

20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 14 de marzo

20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 15 de marzo

20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 16 de marzo

17:00: Adestramento en Abegondo Sábado

Sábado 17 de marzo

17:45: UD Llanera - Deportivo ABANCA, no campo municipal Pepe Quimarán (Llanera, Asturias)