Un dobrete de Kevin supón a terceira vitoria consecutiva do Xuvenil B na liga Nacional
O Xuvenil B logrou a terceira vitoria consecutiva na liga Nacional ao vencer lonxe de Abegondo ao Porriño Industrial CF (1-2), en partido correspondente á 3ª xornada.
O protagonista foi o dianteiro branquiazul Kevin, autor dos dous goles, o primeiro deles ao minuto de adiantarse no marcador o equipo local.
Con este resultado, o Xuvenil B que prepara Alejandro Antón encabeza a táboa con nove puntos, os mesmos que o RC Celta B. Ambos os equipos veranse as caras en Abegondo a próxima fin de semana no primeiro dos derbis da temporada.
Xuvenil B: Rodrigo, Álvaro, Gabri, Rubén, Nico, Carreira, Álex Delgado, Pedro, Kevin, Adrián Lombao e Ogando. Tamén xogaron: Mardones, David López e Hugo García.
Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:
Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado) Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0 Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-)