RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un efectivo CD Monte frea ao Deportivo ABANCA

O CD Monte, que converteu en gol practicamente todas as ocasións das que dispuxo, freou ao Deportivo ABANCA (2-2), en partido da 8ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

As deportivistas levaron o dominio do xogo, pero faltou acerto nos metros finais para liquidar o encontro. Miriam e Peke foron as autoras dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA suma 22 puntos e continúa na pelexa co Oviedo Moderno CF polo liderado do grupo.

Deportivo ABANCA: Malena, Miriam, Silva Mérida, Patri, Cris, Iris, Kika, Oreiro, Nuria, Gaby e Peke. Tamén xogaron: Teresa Abelleira, Lía e Estefi.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao UD Llanera.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)