RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un esixente adestramento de dúas horas pon fin á primeira semana de traballo

O Deportivo puxo esta mañá o punto e final á primeira semana desta pretemporada, cun longo, dúas horas, intenso e esixente adestramento na Cidade Deportiva de Abegondo.

A sesión arrancou con balón, con varios exercicios (basculaciones...) e un partido once contra dez de área a área.

Para acabar o traballo sobre o céspede, os xogadores realizaron series de resistencia (5 series de 1.000 metros), salvo os catro porteiros.

Adestráronse á marxe Luisinho, Fede Cartabia, cunha inflamación no tendón de Aquiles esquerdo, e Borja Galán, cunha lesión muscular de grao 1 no bíceps femoral da súa perna dereita. Estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e, segundo evolución, iniciará posteriormente a etapa de readaptación deportiva con Fran Molano.

Mañá domingo 9 de xullo haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o luns 10 de xullo ás 10:00 en Abegondo.