RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Fabril a remolque no marcador desde o minuto 11 cae en Arzúa

O Fabril caeu (2-1) co CSD Arzúa en partido correspondente á 13ª xornada en Terceira RFEF.

O partido púxose pronto costa arriba, grazas a gol de penalti transformado ao once minutos polo futbolista local Chiño. A primeira metade concluíu con este resultado adverso para os pupilos de Óscar Gilsanz.

Após o descanso, o Fabril saíu a por o empate e Runy logrouno no minuto 70. Pero non era a tarde do Fabril, posto que o CSD Arzúa volveuse a adiantar na recta final, concretamente no minuto 85, gol que sería definitivo.

Con este resultado, o filial deportivista é quinto na táboa con 21 puntos.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Iano Simao, Fabio, Brais Val, Runy, Javi Sanmartín, Mella e Juan Cambón. Tamén xogaron: Barba, Nájera, Davo, Juan Rodríguez e Mario.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Atlético Arnoia, aínda que esta fin de semana o equipo ourensán non puido xogar debido a un positivo de Covid-19 no seu cadro.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)