RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Fabril de menos a máis regresa a Segunda B con vitoria en Fuenlabrada

- Foto: @CFuenlabradaSAD/Beatriz Cobos -

Un Fabril que foi de menos a máis se trouxo os tres puntos (1-2) de Fuenlabrada, no seu regreso á Segunda División B.

O conxunto branquiazul comezou o encontro algo dubitativo e froito diso chegou o gol local, aos 12 minutos. Aos poucos o Fabril foi asentándose no terreo de xogo e deulle a volta ao marcador con toda xustiza, con tantos de Uxío e Óscar Pinchi, que arrancou o choque no banco e saltou ao céspede na segunda metade.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, One, Lucas, Carlos López, Borja Galán, Queijeiro, Uxío, Martín e Romay. Tamén xogaron: Raúl González, Gaizka e Óscar Pinchi.

O vindeiro domingo 27 de agosto ás 12:00 horas, o Fabril recibe na Cidade Deportiva de Abegondo ao San Sebastián de los Reyes.