RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Fabril de novo ao contraxeito salva un punto ante o Real Valladolid B

O Fabril salvou un punto ante o Real Valladolid B (1-1) de novo ao contraxeito, despois de que os valisoletanos se adiantasen na primeira parte grazas a un erro na saída de balón da zaga fabrilista.

Após o descanso, o Fabril estirouse decidido a darlle a volta ao marcador. E gozou de boas oportunidades, por exemplo un remate de Raúl González que se escapa fóra por pouco; ou unha cabezada de Uxío ao pau.

May, ao pouco de saltar ao terreo de xogo, logrou o empate no minuto 71. Había tempo, pero non houbo sorte nin acerto para un segundo tanto que amarrase os 3 puntos a Abegondo.

Na recta final, incluso Álex Cobo salvou nunha gran parada o triunfo valisoletano.

Co resultado deste partido correspondente á 18ª xornada no grupo 1º da Segunda División B, último da primeira volta, o Fabril é 19º con 14 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Lucas, Raúl González, Quique Fornos, Carlos López, Víctor, Gandoy, Uxío, Montiel e Villares. Tamén xogaron: Juanje, May e Gaizka.

O vindeiro sábado 12 de xaneiro, o Fabril arrinca a segunda volta en Abegondo (16:30) ante o Internacional de Madrid.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2
CDA Navalcarnero 2 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Real Valladolid B 1