RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Fabril en construción cae en Fuenlabrada nos instantes finais

- Foto: CF Fuenlabrada -

De novo un detalle deixa sen puntuar ao Fabril. A pesar de ter oportunidades claras na primeira parte, principalmente Quique Fornos e May, para adiantarse no marcador en Fuenlabrada, un gol do local Cedric no minuto 88 supuxo o triunfo para o conxunto madrileño (1-0), en partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1º de Segunda División B.

Na segunda metade, foi o 'Fuenla' quizais algo superior e si estivo máis preto do gol que un Fabril aínda en construción despois de moitos cambios no seu cadro, incluídos a subida de Edu Expósito e Diego Caballo ao primeiro equipo.

Con este resultado, o Fabril queda provisionalmente en decimonovena posición, con 1 punto.

Fabril: Álex Cobo, Quique Fornos, Lucas, Mujaid, Raúl González, Gandoy, Víctor, Javi Cobo, Uxío, Salles-Lamonge e May. Tamén xogaron: Jonathan Montiel, Gaizka e One.

O vindeiro domingo 16 de setembro, o filial deportivista recibe en Abegondo (17:00 horas) á SD Ponferradina.

Así transcorre a temporada para o Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0