RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Fabril lastrado pola expulsión de Brais iguala co Rápido de Bouzas en Abegondo

Todo ía de cara para o Fabril no seu partido en Abegondo ante o Rápido de Bouzas correspondente á 3ª xornada no grupo play off de ascenso.

Javi Sánchez puxo por diante aos fabrilistas no minuto 20 ante un rival que vai por detrás na táboa e que acaba de saír dun confinamento por COVID-19.

Pero no minuto 38, o partido torceuse nunha xogada que acabou con expulsión con vermella directa do meta deportivista Brais, que derrubou a un dianteiro rival fóra da área sendo o último xogador. Así pois, o filial deportivista encaraba o que quedaba de choque cun xogador menos.

Ademais, o Rápido igualou o marcador no lanzamento desa falta e metíase de cheo no partido.

A pesar de xogar con dez, o Fabril tentou como puido marcar un segundo tanto pero xa o resultado non se movería.

Con este marcador, o Fabril suma 33 puntos na cuarta praza do grupo pero afástase da segunda posición, que a ostenta o CD Estradense con 40 puntos.

Fabril: Brais, Iván Guerrero, David Suárez, Reinoso, Guille Bueno, Kanouté, Barba, Guedes, Javi Sánchez, Adri Castro e Pescador. Tamén xogaron: Alberto, Javi Sanmartín e Juan Cambón.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao CD Choco.

Os resultados do Fabril nesta fase son os seguintes:

Fabril 1 (Adri Castro) - CD Choco 2
CD Estradense 5 - Fabril 1 (Juan Cambón)
Fabril 1 (Javi Sánchez) - Rápido de Bouzas 1