RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un Fabril reforzado con xogadores que adestran co primeiro equipo avanza na Copa Deputación

O Fabril visitou hoxe domingo 4 de agosto ao San Tirso SD en partido correspondente aos oitavos de final da Copa Deputación.

O encontro foi para o conxunto de Luisito (0-3), reforzado cos fabrilistas que cada día se adestran co primeiro equipo: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Gandoy, David Sánchez e Javi Sánchez . Todos eles foron titulares está tarde no campo de O Monte.

Os goles branquiazuis foron obra de Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia meta.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vila, Bourdal, Parga, Kanoute, Javi Sánchez, Gandoy, Pedro, David Sánchez e Mario. Tamén xogaron: Aarón, Eimil, Villares, Novo e Manu Mosquera.

Este mércores 7 de agosto, o Fabril xogará os cuartos de final no campo das Mariñas ante o Sporting Sada.

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo de Os Pinnares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo de O Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada - Fabril