RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un fallón Cadete B déixase dous puntos en Carballo

Un Cadete B excesivamente fallón empatou (1-1) nas Eiroas ante o Bergantiños B, en partido da 11ª xornada no grupo 1º da liga Galega. Bocija anotou o único tanto branquiazul nun encontro que puido ser para o Dépor na última xogada, que o árbitro invalidou por fóra de xogo.

Con este marcador, o Cadete B é quinto na táboa con 21 puntos.

Cadete B: Íker, Fika, Bocija, Edu, Padín, Melide, Xabi, Mouriño, Iván e Jorge. Tamén xogaron: Nils, Álex, Hugo, Yago e Martín.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe ao Atlético Coruña Montañeros.

Os resultados do Cadete B até a data son os seguintes:
Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)
Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) .- Santiago de Compostela B 0
Dumbría 2 - Cadete B 2 (Álex e Buján)
San Tirso 3 - Cadete B 1 (Iván)
Cadete B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - Viveiro A 2
Bergantiños B 1 - Cadete B 1 (Bocija)