RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Gijón FF máis acertado nas áreas logra un punto ante o Deportivo ABANCA B

O Gijón FF, máis atinado nas dúas áreas, foi capaz de levar un punto de Abegondo ante o Deportivo ABANCA B (2-2), en partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1C.

Sara Álvarez e Aroa Guerra, que volvía despois de varias semanas lesionada, anotaron os goles branquiazuis nun encontro no que o peso do xogo levouno no entanto o Deportivo ABANCA B, favorecido pola presenza de futbolistas citados nun primeiro momento por Manu Sánchez para recibir á Valencia CF Feminino pero que non chegaron a saltar ao terreo de xogo no partido de Primera Iberdrola: Patri López, Carlota, Tati e Jessica.

Con este resultado, o equipo que prepara Kevin Cabado marcha na quinta posición do subgrupo con 34 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Aroa González, Sara Álvarez, Paula Novo, Eva Santamaría, Nuria Torres, Laura Testa, María Calvo, Tati, Carlota e Patri López. Tamén xogaron: Navia, Ansede, Uxía Cabada, Lara e Aroa Guerra.

En quince días, posto que hai descanso a próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Oviedo Moderno CF B.

Os resultados do Deportivo ABANCA B nesta segunda fase son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 5 (Patri López -3-, Carlota e Eva Santamaría) - Oviedo Moderno CF B
CDE Racing Mulleres 5 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Santamaría e Navia)
Deportivo ABANCA B 2 (Sara Álvarez e Aroa Guerra) - Gijón FF 2