RCD / NOVAS

Un gol de Álex Delgado dá o tres primeiros puntos ao Xuvenil B na liga Nacional

19/09/2021 11:43

O Xuvenil B iniciou na Grela ante o Ural Español CF B a defensa do seu título de campión da Liga Nacional. Decidiu o encontro (0-1) un tanto de Álex Delgado no minuto 62, nun partido moi igualado que puido caer para calquera dos dous equipos.

Esta temporada, o formato de competición é de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de 34 xornadas. Os dous primeiros ascenderán á División de Honra e os dous últimos perderán a categoría.

Xuvenil B: Lemos, Álvaro, Gabri, Rubén, Nico, Carreira, Mardones, Pedro, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Lucas, Adrián Lombao, Marco Baña, Ogando e David.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao ED Val Miñor B.