RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un gol de Juanma vale os 3 puntos para o Cadete A en Pontevedra

Un solitario gol de Juanma no minuto 20 significou os 3 puntos para o Cadete A en Pontevedra, en partido da 12ª xornada da División de Honra.

O resultado é curto, pois o conxunto deportivista tivo as mellores oportunidades de gol e puido lograr o triunfo de maneira máis folgada no marcador.

Con este resultado, o Cadete A suma 29 puntos na segunda praza. 36 puntos ten o Celta, líder do grupo. Ambos os equipos ven as caras a vindeira fin de semana en Abegondo.

Cadete A: Íker, Roque, Añón, Landeira, Fito, Melide, Do Carmo, Peke, Mario, Portas e Juanma. Tamén xogaron: Concheiro e Pol.

Os resultados até a data do equipo que prepara Luis Jiménez son os seguintes:

Val Miñor 3 - Cadete A 3 (Fito, Peke e Mario)
Cadete A 8 (Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario) - Bergantiños 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)
Cadete A 1 (Pol) - ED Arousa SD 1
Choco 0 - Cadete A 10 (Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peke e Portas)
Cadete A 3 (Juanma -2- e Peke) - Santiago de Compostela 0
Coruxo 1 - Cadete A 4 (Portas, Peke, Mario e Juanma)
Cadete A 4 (Peke, Mario, Portas e Aye) - Lugo 0
Cadete A 1 (Juanma) - Areosa 2
Pabellón Ourense 0 - Cadete A 4 (Juanma, Mario e Do Carmo -2-)
Cadete A 5 (Juanma, Pol, Portas, Do Carmo e Concheiro) - Victoria 0
Pontevedra 0 - Cadete A 1 (Juanma)