RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un gol de Kilian salva un punto para o Xuvenil B nos Remedios

Un gol de Kilian a 3 minutos para o final valeu o empate do Xuvenil B (1-1) ante o Pabellón, en partido da 10ª xornada na Liga Nacional disputado no campo dos Remedios.

Adiantouse o cadro ourensán á media hora de xogo e tivo que remar o conxunto deportivista para polo menos sacar algo positivo.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 17 puntos e sitúase na quinta posición da táboa.

Juvenil B: Alberto, Iván, Pedro, Álvaro, One, Barbeito, Julián, Jorge, Rojo, Kilian e César. Tamén xogaron: Borja, Iñaki e Pichu.

A vindeira fin de semana toca derbi coruñés co Victoria CF.

Os resultados até a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes:

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)
Xuvenil B 5 (Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - Compostela 0
Coruxo 1 - Xuvenil B 1 (Rojo)
Xuvenil B 2 (César e Pichu) - Lugo B 4
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián, Pichu -2-, Paulo e Litos) - Santa Mariña 0
Pabellón Ourense 1 - Xuvenil B 1 (Kilian)