RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un gol de Noe Gómez decide para o Orzán SD Xuvenil Feminino o seu partido ante o Sporting Cambre

Un gol de Noe Gómez no minuto 58 deu o triunfo (1-0) ao Orzán SD Xuvenil Feminino no seu partido ante o Sporting Cambre, correspondente á 15ª xornada, última da primeira volta da Primeira Autonómica.

O encontro, primeiro do ano para o conxunto que dirixe César Conde, estivo marcado polas adversas condicións meteorolóxicas na Torre.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino suma 37 puntos na 2ª posición da táboa, a 1 punto do Sárdoma CF B, líder con 38 puntos.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Elena Vázquez, Uxía López, Sara Cercido, Iria Otero, Laura Santos, Ivana Fernández, Noelia Furelos, Macarena González, Antía Brage e Noelia Gómez. Tamén xogaron: Martina Rivas, Emma Gandoy, Daniela Agilda, Carlota Rubio e Paula Sánchez.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Feminino arranca a segunda volta en casa ante o Victoria FC B de Santiago.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Noe Gómez -2-, Sara Cercido, Maca González, Laura Santos -2- e Lucía Rodríguez) - SDCyR Narón Freixo 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo, Elena Vázquez e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Ana Capelo e Macarena González) - SD Antas 0
Tomiño FC Femenino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Elena Vázquez, Daniela Agilda, Lucía Rivas -2-, Emma Gandoy e Macarena González -2-)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Noe Gómez, Laura Santos e Daniela Agilda) - Victoria CF B 0
Escuela FB Amistade 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 6 (Ivana Fernández, Noe Gómez, Laura Santos -3- e Paula Sánchez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Sara Cercido) - CD Lugo 1
Sárdoma CF B 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril Pazos e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Uxía López e Daniela Basalo) - SD O Val 0
UD Mos B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Abril Pazos -2-, Ivana Fernández e Emma Gandoy)
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Noe Gómez) - Sporting Cambre 0