RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un gol de Peke no desconto dá os 3 puntos ao Xuvenil A en Xixón

O Xuvenil A sacou petróleo no desconto do encontro ante o CD Roces, correspondente á 3ª xornada no grupo 1º da División de Honra.

Despois dun partido complicado como adoitan ser todos os que o CD Roces propón no seu campo de Covadonga, Peke acertou a bater a portería contraria no minuto 94, cando todos xa daban por feito a igualada.

Desta forma, o Xuvenil A suma 6 puntos de 9 posibles e xa se asoma á zona nobre da clasificación.

Xuvenil A: Íker, Pablo Fraga, Pol, Fito, Juan Rodríguez, Prendes, Litos, Barba, Gonçalo Oliveira, Sarmiento e Luque. Tamén xogaron: Mario, Paulo, Peke e Víctor Guerra.

O vindeiro domingo 29 de setembro ás 12:00, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao CD Marina Sport.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)