RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un gol de Tati vale o tres puntos para o Deportivo ABANCA B en Oviedo

Un gol de Tati, unha futbolista sempre no radar do primeiro equipo, significou o tres puntos para o Deportivo ABANCA B (0-1) na súa visita ao Real Oviedo B, en partido correspondente á 3ª xornada en Primeira Nacional.

Kevin Cabado tamén puido contar neste partido coas futbolistas que estiveron en dinámica do primeiro equipo nesta pasada pretemporada e mesmo chegaron a debutar en partido oficial, caso de Paula Novo, Paula Monteagudo, Marta Rico e Noela, todas elas titulares.

Con este resultado, o filial deportivista suma 7 puntos de 9 posibles e empolícase aos postos altos da táboa.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, Paula Novo, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Abril, Tati, Noela e Laura Otero. Tamén xogaron: Lucía Rivas, Laura Testa, Laura Santos e Elena López 'Cusi'.

A próxima fin de semana toca partido grande en Abegondo coa visita do Sporting de Gijón, un dos aspirantes ao título e que até a data leva pleno de vitorias.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)