RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un gran partido da Fabril tumba ao Arosa SC, un dos destacados e recentemente descendido de Segunda RFEF

O Fabril impúxose (2-1) esta mañá en Abegondo ao Arosa SC de dous vellos coñecidos, o ex técnico de #ANOSACANTEIRA Luisito e o centrocampista Mario Domínguez. O choque corresponde á 3ª xornada en Terceira RFEF.

Óscar Gilsanz tan só tivo as baixas do lesionado Tim e de Mella, concentrado coa selección española sub-18 nun torneo en Turquía.

O partido gozou de ambiente na bancada posto que o Arosa SC, recentemente descendido de Segunda RFEF e un dos favoritos ao ascenso, estivo arroupado por varias decenas de ruidosos afeccionados, provistos até dun tambor.

O intercambio de golpes entre ambos os equipos na primeira metade acabou en igualada. Julio Rey adiantou aos arosanos aos 27 minutos e empatou Jairo, outro canteirán na órbita de Borja Jiménez, pouco despois. Os pupilos de Luisito optaron polo contragolpe para facer dano aos de Óscar Gilsanz, que eran os que levaban o peso do choque.

Após o descanso e co paso dos minutos o Fabril impuxo o seu xogo, con superioridade nas dúas áreas e con varias ocasións de gol.

Óscar Gilsanz mandou aos seus unha clara mensaxe de ir a por os 3 puntos coa saída ao campo de Jesús Ares e Martín Ochoa.

Pero o partido volveuno a decidir o xuvenil Diego Gómez co seu gol no minuto 78, máis ou menos como ocorrera en Paiosaco na xornada inicial.

Asentado no once inicial, este mozo atacante fabrilista suma 2 goles e 1 asistencia en 3 partidos.

Con este resultado, o Fabril suma 7 puntos de 9 posibles na zona alta da táboa.

Fabril: Brais Suárez, Iano Simao, Dani Barcia, Puerto, Marc, Barba, Brais Val, Iñaki, Jairo, Diego Gómez e Iván. Tamén xogaron: Rubén, Jesús, Martín Ochoa, Fito e Marcel.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao CD Estradense.

Os resultados do Fabril en liga son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1