RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Infantil A efectivo en ataque non dá tregua ao Pontevedra CF

Un Infantil A sobresaliente en ataque non deu opción en Nigrán (0-9) ao Pontevedra CF, en partido correspondente á 6ª xornada na Fase polo Título Galego.

Samuel, Mesfín -4-, Jorge García, Pablo Parada -2- e Juan Barros foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Infantil A mantense no máis alto da táboa con 18 puntos de 18 posibles.

Infantil A: Román, Oreiro, Zoe, Lucas, Pablo Parada, Ayana, Dani Estévez, Samuel, Juan Barros, Mesfin e Jorge García. Tamén xogaron: Hugo Torres, Guerrero, Úbeda e Carballo.

O vindeiro sábado, o Infantil A recibe en Abegondo ao Ural CF.

Os resultados do Infantil A nesta Fase polo Título son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 0 - Infantil A 5 (Mesfin -2-, Jorge García, Lucas e Samuel)
Infantil A 4 (Jorge García, Juan Barros, Dani Estévez e Javi Pita) - UD Santa Mariña 0
Bertamiráns FC 1 - Infantil A 2 (Jorge García -2-)
Infantil A 8 (Juan Barros -5-, Jorge García, Oreiro e Hugo Torres) - Arosa SC 1
Infantil A 4 (Jorge García -2-, Lucas e Juan Barros) - Pabellón Ourense CF 1
Pontevedra CF 0 - Infantil A 9 (Samuel, Mesfín -4-, Jorge García, Pablo Parada -2- e Juan Barros)