RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Infantil A en refacho non dá tregua ao Galicia Caranza: 11-0

Un Infantil A en xeira goleadora non deu tregua ao Galicia Caranza (11-0), en partido correspondente á 5ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Do mesmo xeito que a semana pasada ante o EF Lalín, o equipo branquiazul que prepara Darío Cotelo alcanzou os 11 tantos no seu marcador.

O deportivista Jorge García foi o protagonista do choque, ao anotar 6 dianas. Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita completaron o marcador.

Con este resultado, o Infantil A suma 15 puntos de 15 posibles no alto da táboa, ademais con 37 tantos a favor nestas primeiras 5 xornadas.

Infantil A: Román, Zoe, Lucas, Guerrero, Dani Estévez, Samuel, Ayana, Javi Pita, Óscar, Jorge García e Carballo. Tamén xogaron: Mateo, Adrián, Jorge Rodríguez, Úbeda e Memet.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao San Tirso SD.

Os resultados do Infantil A até a data os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerrero -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0