RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Infantil A que foi de menos a máis derrotou con xustiza ao ED Xuventude de Oroso

O Infantil A, que foi de menos a máis no partido, levou (5-0) con toda xustiza en Abegondo os 3 puntos ante o ED Xuventude de Oroso, un dos equipos máis potentes do grupo norte da Liga Galega.

Samuel, Lucas, Zoe e Juan Barros -2- foron os goleadores branquiazuis neste encontro correspondente á 11ª xornada.

Con este resultado, o Infantil A é líder con 33 puntos de 33 posibles; con 3 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Bertamiráns FC.

Infantil A: Román, Zoe, Lucas, Úbeda, Guerrero, Dani Estévez, Pablo Parada, Samuel, Ayana, Hugo Torres e Jorge García. Tamén xogaron: Oreiro, Juan Barros, Mateo, Diego Miranda e Carballo.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados do Infantil A até a data son os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0
Victoria CF 2 - Infantil A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez)
Infantil A 11 (Zoe, Guerreiro -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF Lalín 1
Infantil A 11 (Jorge García -6-, Samuel -2-, Carballo, Zoe e Javi Pita) - Galicia Caranza 0
San Tirso SD 0 - Infantil A 9 (Jorge García -3-, Guerreiro -3-, Oreiro, Úbeda e Pablo Parada)
Infantil A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - Racing de Ferrol 0
Ural CF 0 - Infantil A 5 (Jorge García -3-, Pablo Parada e Noé)
Infantil A 2 (Jorge García -2-) - Bertamiráns FC 0
Sálvora CF 0 - Infantil A 8 (Óscar -3-, Úbeda -2-, Juan Barros -2- e Lucas)
Infantil A 5 (Samuel, Lucas, Zoe e Juan Barros -2-) - ED Xuventude de Oroso 0