RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un milleiro de afeccionados animaron ao equipo no adestramento previo a #ONOSODERBI

Un milleiro de afeccionados branquiazuis alentaron ao Deportivo esta tarde en Abegondo no último adestramento antes de #ONOSODERBI de mañá domingo 19 de marzo en Riazor (18:30, Bein Sports).

Ao finalizar, Pepe Mel citou a 19 futbolistas (incluídos tres porteiros), que se concentran esta mesma noite no Hotel Meliá María Pita. Entre os ausentes están Sidnei, 'tocado', e Fernando Navarro, sancionado. Regresa Guilherme, despois de recibir esta semana a alta médica.

Esta tarde, co fabrilista Nacho Monsalve, o equipo traballou por espazo de pouco máis dunha hora. A sesión consistiu fundamentalmente nun exercicio de posesión e un partido once para once a tres cuartas partes do campo 2.

Tras o choque ante o Celta, o cadro está citado de novo en Abegondo o luns 20 de marzo ás 10:30 horas.