RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Orzán SD Xuvenil Feminino sen faísca acaba o ano cun empate en La Torre ante a SD Tordoia

O Orzán SD Xuvenil Feminino finalizou este ano 2021 cun empate (1-1) na Torre ante a SD Tordoia, en partido correspondente á 10ª xornada no subgrupo A da Primeira División Galega.

Iria Otero anotou o único tanto nun partido espeso por parte das orzanistas, sen faísca hoxe.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino é segundo na táboa con 15 puntos, a un punto do líder, o Bergantiños CF, que ten 16.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Irene Arcay, Celia Sousa, Daniela Agilda, Uxía López, Antía Brage, Iria Otero, Sara Cercido, Abril Pazos, Ana Capelo e Lucía Rivas. Tamén xogaron: Martina Rivas, Lucía Mariño, Lucía Fuentes, Noe Gómez e Laura Deus.

A competición párase até o mes de xaneiro. Na seguinte xornada, a 11ª, tócalle descanso ao Orzán SD Xuvenil Feminino, que terá pois como seguinte rival ao Bergantiños CF a mediados de mes.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino até a data son os seguintes:

SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas e Laura Otero -2-) - Bergantiños CF 2
SD Antas 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
CD Lugo 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Nuria Gómez) - PM Friol B 3
SD O Val 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril e Laura Otero)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Iria Otero e Ana Capelo -2-) - Victoria CF B 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Iria Otero) - SD Tordoia 1