RCD / NOVAS

Un partido 11 contra 11 pechou esta mañá a primeira semana de pretemporada do Deportivo

20/07/2019 12:11

Un partido 11 contra 11 no campo 2 de Abegondo, seguido desde a banda polo Presidente Paco Zas e o Director Deportivo Carmelo del Pozo, puxo esta mañá o punto e final á primeira semana de pretemporada do RC Deportivo.

Non participaron Dani Giménez, Vicente Gómez, David Simón, Michele Somma e Koné, todos eles con adestramento específico no ximnasio da Cidade Deportiva ou ben sobre o céspede, caso deste último.

Ademais dos futbolistas do Fabril citados desde o primeiro día, hoxe adestrouse a maiores ás ordes de Juan Antonio Anquela o tamén canteirán Iñigo.

Mañá domingo haberá xornada de descanso despois de 10 sesións de traballo.

Os futbolistas están citados de novo o luns ás 10:00 en Abegondo.