RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un partido en #ANOSACANTEIRA, o do Alevín B, adiántase a mañá venres

O partido entre o CD Calasanz C e o Alevín B, mañá venres 15 de marzo (20:00 horas) en San Pedro de Visma, abre a fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro corresponde á xornada do sábado 9 de marzo, pero foi aprazado até mañá debido á participación do conxunto deportivista a pasada fin de semana no Memorial David Bautista en Nerja (Málaga), competición na que acabou como brillante subcampión.

Esta fin de semana xóganse 4 partidos en Abegondo, uno o sábado 16 (Xuvenil B ás 12:00) e outros tres o domingo 17: Fabril (17:00), Cadete A (12:00) e Deportivo ABANCA B (12:00).

O filial deportivista recibe ao Coruxo FC co obxectivo de cambiar a dinámica cunha vitoria.

Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

O partido do Cadete A, correspondente á División de Honra, tamén é de libre acceso para os abonados deportivistas. Neste caso, o público paga 3 euros.

A entrada é gratuíta para os afeccionados que queiran ver ao líder da Primeira Autonómica Feminina, o Deportivo ABANCA B, no seu duelo do domingo (12:00 horas) ante o Victoria FC B de Santiago.

Os demais equipos de #ANOSACANTEIRA compiten lonxe de Abegondo. O sábado 16 xogarán: Cadete B (10:15 na Leyma ante o Ural CF B), Infantil A (10:15 en Ferrol fronte ao Racing) e Infantil B (12:15 en San Pedro de Visma ante o Orillamar SD); mentres que Xuvenil A (11:00 en Santander fronte ao Bansander) e Alevín A (11:00 en Lugo ante a SD Residencia A) farano o domingo 17.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
29ª xornada: FABRIL - CORUXO FC, o domingo 17 de marzo ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. Las Palmas Atlético, 32 puntos; 16. Burgos CF, 30 puntos; 17. AD Unión Adarve, 29 puntos; 18. Rápido de Bouzas, 25 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 24 puntos; 20. Fabril, 18 puntos

Categoría feminina
24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC B, o domingo 17 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 65 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 61 puntos...

Categoría xuvenil
27ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 17 de marzo ás 11:00 no campo de San Juan de Monte (Santander)
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo, 47 puntos; 5. Ural CF, 45 puntos; 6. Xuvenil A, 44 puntos; 7. Real Oviedo, 42 puntos; 8. Atlético Perines e Bansander, 33 puntos...

26ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, o sábado 16 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 49 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Xuvenil B, 46 puntos; 6. Pabellón Ourense CF, 41 puntos...

Categoría cadete
26ª xornada: CADETE A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 17 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 69 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 62 puntos; 3. Ural CF, 54 puntos...

26ª xornada: URAL CF B - CADETE B, o sábado 16 de marzo ás 10:15 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 3. Racing Villalbés, 49 puntos; 4. Cadete B, 47 puntos; 5. Galicia Caranza e CF Dumbría, 42 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: RACING DE FERROL - INFANTIL A, o sábado 16 de marzo ás 10:15 na Gándara 1 (Ferrol)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 24 puntos; 2. RC Celta e Pabellón Ourense CF, 19 puntos...

Amigable, fútbol 8, disputado onte mércores: INFANTIL B 3 (Memet, Samuel e Juan Barros) - SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN 2

28ª xornada: ORILLAMAR SD - INFANTIL B, o sábado 16 de marzo ás 12:15 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 76 puntos; 2. Ural CF B, 71 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: SD RESIDENCIA A - ALEVÍN A, o domingo 17 de marzo ás 11:00 no campo da Cheda (Lugo)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo, grupo norte: 1. Alevín A, Victoria CF A e CD Calasanz A, 12 puntos; 4. Ural CF A, 9 puntos...

4ª xornada: CD CALASANZ C - ALEVÍN B, mañá venres 15 de marzo ás 20:00 horas en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Ural CF C, 12 puntos; 2. Alevín B (un partido menos), Atlético Coruña Montañeros CF C e CD Calasanz C, 9 puntos; 5. Victoria CF C, 7 puntos...

Categoría benxamín
16ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ A - BENXAMÍN A, o sábado 16 de marzo ás 16:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 39 puntos; 2. CD Calasanz A, 37 puntos; 3. Victoria CF A, 36 puntos...

5ª xornada: BENXAMÍN B - VICTORIA CF B, o sábado 16 de marzo ás 16:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Segunda Fase grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, CD Calasanz B e Compañía de María A, 12 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz C, 10 puntos; 5. Santa María del Mar A, 8 puntos...