RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un partido oficial, o do Xuvenil A en Avilés, e varios amigables, mañá sábado en #ANOSACANTEIRA

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA compiten esta fin de semana na Cidade Deportiva, ambos os casos o domingo 26 de setembro. O Fabril recibe ao Viveiro CF (17:00 horas) en Terceira RFEF despois dunha clara vitoria e un empate sen goles nas dúas xornadas anteriores; e o Xuvenil B ao ED Val Miñor Nigrán B (12:00 horas) na segunda cita na Liga Nacional.

Lonxe de Abegondo, o Xuvenil A, xa líder da División de Honra, visita mañá sábado (15:45) ao Real Avilés CF; en vésperas ao debut europeo na UEFA Youth League.

Non hai partido oficial para o resto de equipos aínda que todos encaran diversos compromisos amigables.

O Deportivo ABANCA B mídese ao Victoria CF mañá sábado ás 16:30 na Grela, con motivo do Memorial Moncho Rivera. Kevin Cabado, técnico deportivista, ten as baixas de Reigosa, citada co primeiro equipo; e Eva Santamaría e Uxia Cabada, lesionadas.

A convocatoria do filial deportivista está formada polas seguintes xogadoras: Nuria Gómez, Martina (cadete do Orzán SD), Aroa González, Paula Novo, Andrea Ansede, Maria Calvo, Antia Brage (xuvenil do Orzán SD), Carmen Carballada, Marta Rico, Paula Monteagudo, Laura Testa, Elena López 'Cusi', Tati, Iria Otero (xuvenil do Orzán SD), Trillo, Marta Méndez, Aroa Guerra e Laura Otero (cadete do Orzán SD).

Completan a xornada mañá sábado o Cadete (12:00 no Municipal de Bertamiráns); os dous equipos alevíns (cuadrangular en Abegondo co Atlético Coruña Montañeros CF e Ural Español CF); e os dous benxamíns (Torneo do CD Arcade no campo do Salgueirón, en Soutomaior).

O Infantil do Dépor, que está inmerso nunha nova semana de pretemporada cunha esixente dobre cita amigable ante rivais cadetes, é dicir, dunha categoría superior, abriu o calendario de partidos o pasado mércores 22 de setembro nas Eiroas (Carballo) ante o Bergantiños CF. Iker Casuso decidiu para os branquiazuis (0-1).

Mañá sábado 25, o conxunto que dirixe Miguel Figueira visita á SD O Val no campo de Sinde de Narón a partir das 12:30 horas.

Finalmente, o amigable do Orzán SD Xuvenil Feminino ante o UD Carral foi suspendido a petición do conxunto carralés.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
3ª xornada: FABRIL - VIVEIRO CF, o domingo 26 de setembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Barco, 6 puntos; 2. Fabril, Somozas, Villalbés e Juvenil de Ponteareas, 4 puntos; 6. Silva, Alondras e Noia, 3 puntos...

Categoría feminina
XXIII Memorial Moncho Rivera: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 25 de setembro ás 16:30 na Grela (A Coruña)

Amigable: UD CARRAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, aprazado

Categoría xuvenil
4ª xornada: REAL AVILÉS CF - XUVENIL A, o sábado 25 de setembro ás 15:45 no Estadio Román Suárez Puerta (Avilés)
Clasificación da División de Honra, grupo 1º: 1. Xuvenil A e Atlético Perines, 7 puntos; 3. CD Marina Sport, CD Lugo e Real Avilés CF, 6 puntos...

Liga Nacional, 2ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B, o domingo 26 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
Amigable: BERTAMIRÁNS FC - CADETE, o sábado 25 de setembro ás 12:00 no Municipal de Bertamiráns

Categoría infantil
Amigable (xogado o pasado mércores): BERGANTIÑOS CF (CADETE) 0 - INFANTIL 1 (Iker Casuso)
Amigable: SD O VAL (CADETE) - INFANTIL, o sábado 25 de setembro ás 12:30 no campo de Sinde (Narón)

Categoría alevín
Cuadrangular en Abegondo (campo de herba sintética)
Sábado 25 de setembro
11:00: ALEVÍN A - FABRIL FC ALEVÍN
11:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A
11:30: URAL ESPAÑOL CF - FABRIL FC ALEVÍN
12:00: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC ALEVÍN
12:00: URAL ESPAÑOL CF - ALEVÍN A

Categoría benxamín
Torneo do CD Arcade, no campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 25 de setembro
Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS (campo 1)
11:30: CLUB PEÑASCO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
12:30: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A (campo 1)
13:30: COLEGIO HOGAR - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
15:00: BENXAMÍN A - CASA PACO (campo 1)
16:00: CD LUGO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
Todos os equipos clasifícanse a oitavos de final, cuxos emparellamentos se decidirán segundo a clasificación da Primeira Fase e arrancarán ás 16:30 horas.