RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un penalti castiga ao Fabril ante o Internacional de Madrid

Unha pena máxima no minuto 73 decidiu a favor do Internacional de Madrid o partido en Abegondo do Fabril (0-1) correspondente á 20ª xornada de liga no grupo 1º de Segunda División B, primeiro da segunda volta.

Os dous equipos repartíronse as escasas ocasións de gol, pero a fortuna de novo deu as costas ao filial deportivista, que, con 14 puntos, segue na zona baixa da clasificación.

Das dúas novas fichaxes do filial chegadas esta semana, só Ignacio Abeledo puido debutar esta tarde, posto que Arturo Segado non ten aínda a documentación en regra.

A outra boa noticia para Sergio Pellicer, técnico fabrilista, foi o regreso de Bicho trala súa lesión. Saltou ao campo no minuto 68 en substitución de Gandoy. Agora toca recuperar ritmo de xogo para o futbolista coruñés.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Lucas, Raúl González, One, Carlos López, Víctor, Gandoy, Uxío, Montiel e Ignacio Abeledo. Tamén xogaron: Juanje, Pedro e Bicho.

A próxima fin de semana hai derbi en Vigo ante o Celta B.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2
CDA Navalcarnero 2 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Real Valladolid B 1
Fabril 0 - Internacional de Madrid 1