RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un penalti no minuto 93 tumba a un mermado Deportivo ABANCA B en León

Un gol de penalti no minuto 93 tombou (1-0) ao Deportivo ABANCA B na súa visita ao Olímpico de León, en partido correspondente á 23ª xornada na Primeira Nacional.

As leonesas marchan clasificados na zona media-alta da táboa, son fortes no seu campo, e aproveitaron as moitas baixas por lesión no equipo de Kevin Cabado: Noela, Paula Novo, Andrea Ansede, Reigosa e Abril Pazos.

Tampouco estiveron dispoñibles Paula Monteagudo, citada polo primeiro equipo; e Elena Vázquez, que disputou en Serbia coa selección española sub-17 a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa.

Con este resultado, o filial deportivista perde o liderado en favor do Sporting de Gijón: 57 puntos teñen as asturianas por 56 as deportivistas.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, María Calvo, Uxía López, Celia, Carmen Carballada, Sara Cercido, Marta Rico, Tati, Lucía Rivas e Laura Otero. Tamén xogaron: Laura Testa, Laura Santos, Lucía Couto e Elena López 'Cusi'.

A próxima fin de semana toca de novo partido lonxe de Abegondo coa visita ao UD Mos.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0
CD Parquesol B 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Elena Vázquez -2-, Marta Calvo -2-, Paula Monteagudo, Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD Romanón 0
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Abril Pazos, Marta Rico e Laura Otero) - Victoria FC 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Tati e Marta Rico) - Victoria CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (unha futbolista rival en propia meta) - Real Oviedo B 0
Sporting de Gijón 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero -2- e Laura Santos) - Gijón FF 1
Real Avilés CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Olímpico de León 1 - Deportivo ABANCA B 0