RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Un punto máis preto

O Deportivo saldou a trixésimo sexta xornada do campionato nacional de Liga cun empate 2 a 2 contra o Real Zaragoza, nun partido moi emocionante no que os locais lograron remontar o primeiro gol do Zaragoza e mesmo porse por delate a falta de 9 minutos, p

O Deportivo da Coruña deu un paso máis cara ao título de Liga co seu empate en Riazor ante o Zaragoza distanciándose do seu máis directo rival, o Barcelona. A afección encheu Riazor e animou entusiasmadamente ao seu equipo pensando en que se podía dar o golpe definitivo á liga vistos os resultados dos seus rivais e aínda que non puido ser, conseguiu aumentar a súa distancia.

O Deportivo saíu de inicio con: Kouba, Manuel Pablo, Romeu, Naybet, Mauro Silva, Makaay, Djaminha, Fran, Flavio, Víctor e Donato. Polo Zaragoza xogaron: Juanmi, Cuartero, Lanna, Augado, Juanele, Aragón, Milosevic, Gaditano, Acuña, Paco e Marcos Vales.

O partido comezou con moito ritmo e intensidade por parte do Deportivo que dominou o xogo claramente os primeiros 25 minutos do partido creando varias ocasións e sacando un bo número de córner. Transcorrida a media hora do partido o ritmo decaeu e o Zaragoza empezou a aparecer con xogadas illadas, e soubo cortar o ritmo do partido con constantes interrupcións que non soubo cortar o colexiado.

De aí ao final da primeira parte o xogo trasncurriría sen un dominador claro con constantes aproximacións de ambas as formacións. No minuto 31 Aragón vió o primeiro cartón amarelo do partido por cortar unha internada de Fran en banda esquerda cunha dura entrada, Mauro veríaa no minuto 43 por contar no círculo central una contra moi perigosa montada por Juanele.

A segunda parte non tubo nunca un dominador claro, e aínda que o Deportivo seguía empuxando, non o facía con moita claridade e o Zaragoza creaba as súas oportunidades. No minuto 3 Juanele vería cartón amarelo por unha falta. No mintuo 5 Kouba, nunha gran parada, sacaba o que podía ser o primeiro gol do Zaragoza tras un remate de Milosevic. Tres minutos despois chegaría o primeiro gol do encontro para o Zaragoza tras outra parada de Kouba na que Juanele chega ao rexeite e marca.

No minuto 11 vería cartón amarelo Lanna e no 12 entraría no campo Turu Flores substituíndo a Víctor. Xa no 14 Makaay remataba de cabeza un centro de Fran e empataba o partido. A euforia desatábase en Riazor e o público empezou a empuxar con forza ao equipo.

No minuto 17 produciríase un incidente que ao cabo marcaría o partido, Djalminha era obxecto dunha falta que non vió Iturralde, nas súas protestas el e Gaditano verían cartón amarelo.

O xogo continuou con bo xogo por parte de ambos os equipos pero sen moita claridade. No minuto 27 retiraríase Juanele para dar entrada a Martín Vellisca e no 31 retiraríase Aragón para entrar Jordi.

No minuto 33 Djalminha desde fóra da área marcaba o segundo gol para o Deportivo e desataba a euforia en Riazor. Na súa celebración o brasileiro quitouse a camiseta o que lle fixo merecedor do segundo cartón amarelo polo que fué expusado e deixou ao Deportivo a mercé do Zaragoza. Rapidamente Irureta movío ficha e sacou do campo a Makaay para dar entrada a Scaloni. O Zaragoza fíxose dono do xogo, pero sen crear claras ocasións. Tivo que ser unha xogada illada na que Iturralde pitou unha falta que, de selo, tería que pitar a favor do Deportivo, na que os maños empataron o partido tras o remate de cabeza de Augado entrando ao segundo pau.

De aí ao final do encontro só cabe destacar o cambio de Pauleta por Fran e o cinco minutos de desconto que descontou o colexiado.

Só quedan dúas xornadas para a finalización do campionato e o Deportivo atesoura unha vantaxe de tres puntos sobre o Barcelona e de cinco sobre Valencia, Arabés e Zaragoza, aínda que Valencia e Zaragoza han de enfrontarse na última xornada do campionato.