RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un só partido dispútase finalmente esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Os adiamentos dos partidos desta fin de semana en Abegondo do Fabril ante o Silva SD, do Xuvenil A ante o CD Conxo Santiago, e do Xuvenil B fronte ao Racing Villalbés deixan en #ANOSACANTEIRA un só encontro en disputa. Será o do Deportivo ABANCA B o domingo 24 de xaneiro ás 17:30 ante o potente Viajes InterRías FF.

Para os demais equipos, será agora o Xuíz de Competición o que fixe unha nova data para a súa celebración, "o máis próxima posible no tempo".

Así pois, o calendario de partidos, cos resultados dos que foron aprazados no seu día e celebrados esta semana, queda así:

Terceira División
14ª xornada: FABRIL - SILVA SD, aprazado
Clasificación do subgrupo A: 1. UD Somozas (un partido menos), 26 puntos; 2. Bergantiños CF (dous partidos menos) e Racing Villalbés, 24 puntos; 4. Polvorín FC (un partido menos), 23 puntos; 5. Fabril (un partido menos), 21 puntos; 6. CSD Arzúa, 19 puntos...

Categoría feminina
9ª xornada (xogado o martes 19): VICTORIA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 1 ( Eva Dios)
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VIAJES INTERRIAS FF, o domingo 24 de xaneiro ás 17:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, subgrupo A: 1. Viaxes InterRías FF (un partido menos) e Victoria CF (un partido menos), 21 puntos; 3. Victoria FC (un partido menos), 17 puntos; 4. Deportivo ABANCA B (un partido menos), 16 puntos; 5. UD Mos (dous partidos menos), 15 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: XUVENIL A - CD CONXO SANTIAGO, aprazado
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Xuvenil A, 26 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 25 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 19 puntos...

7ª xornada (xogado o mércores 20): XUVENIL B 3 (Canales, Diego Gómez e Martín Ochoa) - VICTORIA CF 0
10ª xornada: XUVENIL B - RACING VILLALBÉS, aprazado
Clasificación da Liga Nacional, subgrupo A: 1. Xuvenil B, 27 puntos; 2. SD Compostela, 21 puntos...