RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un só partido, o do Dépor ABANCA B, esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Os partidos en Abegondo do Fabril ante o Racing Villalbés previsto para hoxe ás 17:00; e o do Xuvenil A fronte ao RC Celta, mañá domingo ás 17:00, foron aprazados por un caso de COVID-19 no conxunto vilalbés e no xuvenil branquiazul respectivamente.

O contundente triunfo (5-0) do Xuvenil B, líder do subgrupo A de a liga Nacional, ante a SD O Val, abriu onte esta mini xornada da fin de semana.

Ademais do citado choque, só xoga o Deportivo ABANCA B, mañá domingo 7 ás 12:00 na Cidade Deportiva fronte á UD Mos, rival directo das deportivistas por unha do tres primeiras prazas do subgrupo A de Primeira Nacional.

Kevin Cabado, técnico branquiazul, non poderá contar con Eva Dios e María Figueroa, citadas polo Deportivo ABANCA para o partido de Primera Iberdrola en Badaxoz ante a Santa Teresa CD.

O calendario definitivo de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
16ª xornada: FABRIL - RACING VILLALBÉS, aprazado

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 13ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UD MOS, mañá domingo 7 de febreiro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 14ª xornada: XUVENIL A - RC CELTA, aprazado

Liga Nacional, subgrupo A, 12ª xornada: XUVENIL B 5 (Mario, Seydiba -2-, Álex González e Marcelo) - SD O VAL 0