RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un total de 181 nenos e nenas gozan esta semana do DéporCampus Cabreiroá 2021 en Abegondo, Cuntis e Zas

Un total de 181 nenos e nenas gozan esta semana do DéporCampus Cabreiroá.

As sedes con actividade estes días son Abegondo, que xa vai pola cuarta quenda, Cuntis e Zas (foto).

Ademais, o Club estende o deportivismo en Estados Unidos, co Dépor Soccer Camp de Virginia.

Aquí podes ver as fotos da sede de Abegondo e nesta ligazón as imaxes doutras sedes.

Por outra banda, está aberta até o vindeiro xoves 22 ás 12:00 a inscrición para o quinto e a sexta quenda en Abegondo.

Até a data, esta actividade xa tradicional no verán deportivo galego superou os 1.100 alumnos; todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo.

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.