RCD / NOVAS

Un total de 8 xuvenís na lista do Fabril para o partido de mañá de Copa Deputación fronte ao Brexo Lema

30/07/2019 21:45

Luisito citou a 19 xogadores, entre eles a 8 xuvenís, para o partido correspondente aos dezaseisavos de final da Copa Deputación entre o Brexo Lema e o Fabril, previsto para mañá mércores 31 de xullo ás 21:15 no campo dos Pinares de Lema.

Os convocados polo técnico fabrilista son: Boian, Alberto, Iván Guerrero, Eimil, Pedro Barbolla, Juan Rodríguez, Prendes, Yuste, Parga, Villares, Sarmiento, Iñigo Reinoso, Kanouté, Novo, Mosquera, Aarón, Edu Taboada, Mario e Pedro.

A entrada para esta eliminatoria, a partido único, será gratuíta para os afeccionados.

Será a terceira cita este verán para o Fabril, tralo partido ante o Dépor en Abegondo do pasado 24 de xullo e o torneo 'tres nun' do pasado sábado en Moraña fronte a RC Celta B e Pontevedra CF.

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, 21:15 h, Brexo Lema SD - Fabril