RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Un triunfo do Infantil B sobre o Eibar inicia a fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A xornada da fin de semana de #ANOSACANTEIRA arrancou hoxe venres coa vitoria do Infantil B (2-1) sobre o Eibar no Torneo Ciudad de Miranda (Burgos).

É a primeira parada da canteira branquiazul esta fin de semana. Á localidade burgalesa seguirán mañá sábado e domingo Ourense, Melide, Majadahonda, Santa Marta de Tormes (Salamanca), Xixón, Caranza...

Tras o subcampeonato do Torneo de Narón logrado o pasado sábado, o Alevín A ten un novo reto esta próxima fin de semana, a Copa Tormes. Estréanse en pretemporada mañá sábado o Alevín B (Torneo Be One Mercedes en Ourense) e Benxamín B (Torneo do Cire de Melide).

En Segunda División B, o Fabril visita o domingo 17 de setembro ao Rayo Majadahonda despois do seu gran partido da pasada fin de semana en Abegondo ante o Real Madrid Castilla.

Finalmente, mañá sábado xogan en Abegondo Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra). Como é habitual, os socios do Dépor teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 3 euros.

Xuvenil A (División de Honra), Cadete B (Liga Galega) e Infantil A (Liga Galega) competirán lonxe da Cidade Deportiva, en Xixón, Caranza (Ferrol) e A Barcala (Cambre) respectivamente. O primeiro deles mañá sábado e os dous últimos o domingo pola mañá.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:

Segunda División B
RAYO MAJADAHONDA - FABRIL, o domingo 17 de setembro ás 12:00 no Estadio Cerro del Espino
Clasificación: ... 4. Atlético de Madrid B, Celta B e Racing de Ferrol, 8 puntos; 7. Fabril, Fuenlabrada e Navalcarnero, 7 puntos; 10. Rayo Majadahonda e Coruxo, 6 puntos...

Categoría feminina
Primeira División Feminina, 2ª xornada: CCAR VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de setembro ás 17:00 no Campo Municipal da Gándara - Valladares (Vigo)

Categoría xuvenil
Amigable, xogado o pasado mércores: XUVENIL A 2 (Manu e Pedro) - LARACHA (Terceira División) 3

División de Honra, 3ª xornada: LLANO 2000 - XUVENIL A, o sábado 16 de setembro ás 17:00 no campo Braña Sur (Xixón)

Liga Nacional, 2ª xornada: XUVENIL B - OURENSE, o sábado 16 de setembro ás 12:30 en Abegondo (campo 5)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CADETE A - BERGANTIÑOS, o sábado 16 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: GALICIA CARANZA - CADETE B, o domingo 17 de setembro ás 11:30 no Municipal de Caranza (Ferrol)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: ONCE CABALLEROS - INFANTIL A, o domingo 17 de setembro ás 12:00 no campo de Lendoiro (A Barcala)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 3ª xornada: INFANTIL B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - SPORTING CAMBRE 3

XVIII Torneo Ciudad de Miranda, en Miranda de Ebro (Burgos)
Primeira Fase
Venres 15 de setembro
INFANTIL B 2 (Noah e Domínguez) - EIBAR 1

Sábado 16 de setembro
12:00: GETAFE - INFANTIL B
18:15: BARCELONA - INFANTIL B

O primeiro de grupo e o mellor segundo clasificado dos tres grupos pasan a semifinais, que se xogarán xa o domingo 17 de setembro.

Categoría alevín
Copa Tormes, en Santa Marta de Tormes (campo Alfonso San Casto)
Primeira Fase
Venres 15 de setembro
19:00: VILLARREAL CF 2 - ALEVÍN A 0

Sábado 16 de setembro
10:40: ALEVÍN A - UD SANTA MARTA B
13:20: ALEVÍN A - CD LAGUNA

Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

Torneo Internacional Be One Mercedes, no campo de Eiroás (Ourense)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
10:00: SANTA TERESITA - ALEVÍN B (campo 1)
11:10: ALEVÍN B - DESPORTIVO CHAVES (campo 2)
13:05: ALEVÍN B - ATHLETIC CLUB (campo 1)
16:05: ALEVÍN B - INTER DE MILÁN (campo 1)
17:15: ALEVÍN B - GREENA IF (Dinamarca) (campo 1)
18:25: ALEVÍN B - PABELLÓN (campo 1)
20:05: ALEVÍN B - FC PORTO (campo 2)

Os catro primeiros xogarán a Fase Final e os outros catro, unha Fase de Consolación. En ambos os casos, o domingo 17 de setembro pola mañá.

Categoría benxamín
Torneo de Fútbol Base Cire Melide en Melide
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
10:40: CIRE MELIDE - BENXAMÍN B
12:20: URAL - BENXAMÍN B
14:50: ARZÚA - BENXAMÍN B
15:40: SANTIAGO - BENXAMÍN B

Os dous primeiros de grupo xogarán polo título, fase denominada pola organización do torneo 'Champions'; mentres que terceiro e cuarto pelexarán nunha Fase de Consolación, chamada 'Uefa'.