RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un único equipo, o Deportivo ABANCA B, en competición oficial esta fin de semana

Un único equipo en #ANOSACANTEIRA, o Deportivo ABANCA B, está a estas alturas da temporada aínda en competición oficial.

O conxunto deportivista afronta este sábado 9 de xuño ante o Victoria CF B o partido de volta da Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina. Será no campo da Torre a partir das 20:00 horas.

Na ida disputada o pasado domingo no campo principal de Abegondo venceu o Deportivo ABANCA B (4-0), que acariña pois a clasificación para a gran final.