RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Unha accidentada segunda parte cústalle o partido ao Deportivo ABANCA B en Portonovo

Unha accidentada segunda parte do Deportivo ABANCA B custoulle os 3 puntos no campo do Viajes InterRías FF (2-1), un dos candidatos ao título no grupo 1º da Primeira Nacional.

Adiantouse o conxunto branquiazul por obra de Patri López ao fío do descanso. Tralo paso polos vestiarios, as locais tomaron o mando do partido e conseguiron darlle a volta ao marcador con 2 goles nos minutos 80 e 89.

Ademais, nunha xogada moi confusa, a porteira do Deportivo ABANCA B María Miralles foi inxustamente expulsada no tempo engadido con cartón vermello directa.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B baixa provisionalmente á 3ª praza con 9 puntos, a 3 puntos da cabeza da clasificación.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Sara Álvarez, Nuria Torres, Rivas, Navia, Alba Suárez, Lara, Patri Díaz, Carlota, María Calvo e Patri López. Tamén xogaron: Michelle Clemente, Lucía, Sara Piñeiro e Aroa.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Oviedo Moderno CF B.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)