RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Unha acción individual da xogadora local Noela deixa sen puntos ao Deportivo ABANCA B en Santiago

Unha gran xogada individual da xogadora do Victoria FC Noela decantou a favor do equipo santiagués o seu choque ante o Deportivo ABANCA B (1-0) en Santa Isabel, último do ano 2019, correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

O encontro foi moi disputado entre dous equipos que pelexan na zona alta da clasificación.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B queda con 25 puntos, provisionalmente na 4ª posición.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Nuria, Laura Rivas, Navia, Lara, Sofía, Ainhoa, Alba Suárez, Carlota e María Calvo. Tamén xogaron: Aroa, Antía, Michelle Clemente e Lucía.

A próxima cita ligueira está prevista para o domingo 12 de xaneiro de 2020 ante o CD Valladares.

As xogadoras branquiazuis realizarán o venres 20 o último adestramento antes de Nadal e terán descanso até o xoves 2 de xaneiro.

Os resultados até a data do equipo que prepara Kevin Cabado son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)
CDE Racing Féminas B 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa)
Deportivo ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - Sporting de Gijón B 0
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0