RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Unha afeccionada madrileña crea un Club de Fans para Xisco

Unha afeccionada de Madrid, Tania Rivera, empezou a dar os primeiros pasos para formar o Club de Fans do dianteiro deportivista Xisco. De momento xa conta cunha dirección en Internet. Tania púxose en contacto co Deportivo para solicitar o permiso d

"Estou a pasar o mellor momento da miña carreira", comentou recentemente Xisco en rolda de prensa. Titular indiscutible no Deportivo cunha nómina de seis dianteiros no vestiario, un dos máximos artilleiros do equipo e afianzado na Selección Española Sub-21.

Ata a data, dous futbolistas do primeiro persoal teñen o seu propio Club de Fans: Filipe na Coruña e Antonio Barragán en Corcubión. O coruñés e ex deportivista Iago, agora no Elxe, ten o seu club de seguidores en Cambre.