RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Unha contractura obriga a Juan Domínguez a rebaixar a intensidade do adestramento

- Foto: Susi García - Juan Domínguez rebajó onte a intensidade do adestramento ao sentir algunha molestia na parte posterior da coxa esquerda.

A exploración médica posterior ao canteirán revelou unha contractura por sobrecarga na musculatura isquiotibial da súa coxa esquerda.

O '10' branquiazul, que non foi citado para o amigable en Monforte ante o Racing de Ferrol, comezou tratamento de fisioterapia. O seu regreso aos adestramentos producirase dependendo da súa evolución.