RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Unha decena de entidades, na bancada solidaria nos partidos ante Sevilla e Real Sociedad

Unha decena de entidades sociais gozaron da bancada solidaria de Riazor nos dous últimos partidos disputados polo Dépor como local ante Sevilla e Real Sociedad.

Fronte aos hispalenses, as entidades beneficiarias foron Egovarros Viveiro, Proxecto Educativo A Marola, Centro de Menores S. José de Calasanz, Aspronaga, Casco (Comité Antisida Coruña), Asociación Deportiva Cristo Rey, Fundación Adcor, Colectivo Moucho, Sor Eusebia, Asociación Remar, Asociación Misela. Esta pasada fin de semana tamén se sumaron Doantes de Sangue, Asociación, Down Coruña, Artefios, Asociación Prodeme Monforte, mentres que outras seis (Sor Eusebia, Colectivo Moucho, Casco, Fundación Adcor, Proxecto educativo A Marola, Aspronaga) repetiron experiencia.

A Bancada Solidaria de Riazor dispón de 250 localidades que cada partido son destinadas a ONG, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade. Como neste caso, atendendo á política de transparencia e RSC do Deportivo, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria. Hai que lembrar que para solicitala, o protocolo está dispoñible no departamento de RSC do Club en: responsabilidadsocial@rcdeportivo.es ou no 981 229 410.