RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Unha forte tormenta obriga a suspender o partido do Fabril FC Alevín ante o Imperátor OAR A

O partido do Fabril FC Alevín ante o Imperátor OAR A, previsto para hoxe sábado ás 16:00 horas na Cidade Deportiva da Torre, foi suspendido debido a unha forte tormenta que a esa hora azoutou A Coruña e a súa comarca.

Agora, será a Federación Galega a que fixe unha nova data para a disputa deste encontro, correspondente á 2ª xornada no grupo B da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

O Fabril FC Alevín comezou a súa andaina o pasado sábado cun triunfo (11-0) ante o Imperátor OAR C.

Conforman este grupo ademais o Imperátor OAR A e Orillamar SD A; e o formato de competición será de liga a dobre volta.

En quince días, posto que a próxima fin de semana non haberá competición ligueira, o Fabril FC Alevín medirase o Orillamar SD A.

Os resultados do equipo branquiazul que preparan Alberto Suárez e Arsenio Velasco son os seguintes:

Fabril FC Alevín 11 (Martín Forján -4-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara, Raúl e Gabi) - Imperátor OAR C 0
Imperátor OAR A - Fabril FC Alevín, suspendido